top of page

Voltarán

Voltarán é a última canción do disco I do grupo de metal Arrhtyhmia e tamén lle da o nome ao último apartado desta reportaxe. Voltarán é para falar da lingua, unha canción que fala de loitar e de sentirse ceibes. No último estudo de Censo do Instituto Nacional de Estadística (INE) o castelán tiña máis falantes que o galego como lingua materna. Voltará o galego a gañar?

O panorama musical en galego é infinito, dende o folklore tradicional ata o reggaeton ou trap máis moderno, podemos atopar expresións musicais na lingua en calquera dos estilos existentes. Son moitas as persoas que optan por cantar nesta lingua incluso sendo castelán falantes, pero tamén son moitos os que deciden non facelo. 

Grilo, Noxo, Pants Off, The Skarnivals, Arrhythmia, Marela, Liska!, Cabodano e Xhamain son exemplos de grupos que optaron pola lingua galega para expresar a súa música e expandila. O idioma non é o problema. "As barreiras están aquí, en Galicia" declarou Rubén González de Xhamain.

Premendo unha destas imaxes podes ver un vídeo con declaracións da razón pola que a súa música é en galego, Se arrastras a barra rosa poderás ver os demais grupos. 

Actualmente a música en galego está en auxe e cada día máis xente anímase a cantar nesta lingua. Porén, nunha enquisa realizada por un proxecto socio-educativo de Manolo Maseda e Martiño Ramos (2021), profesores de música no ensino público, a 1000 escolares de vinte centros entre quinto de primaria e segundo de bacharelato: o 80% nunca ou case nunca escoita música en galego. 

Como podemos observar neste gráfico, falar galego non resulta complicado para a maioría de persoas de Galicia. Porén, hai un total de 25741 persoas de 60 e máis anos que din non falar nada de galego, así como, 27671 de mozos de menos de 20 anos que declaran o mesmo. Atopámonos ante datos que non son nada positivos para a lingua. A música en galego si está en crecemento e é un dos motores que poden axudar a que esta situación poida mellorar na comunidade autónoma.

HAI TRABAS FÓRA DE GALICIA? 

Ás veces pénsase que facer a música en galego é unha desvantaxe fronte a outras linguas coma o castelán ou o inglés, pero realmente non é así. Iago Comedeiro, voz de The Skarnivals, declara que dende o primeiro momento o seu grupo tivo apoio. “O galego é benvido e fóra tamén, cada vez máis. A xente pon máis en valor os temas en galego que os que facemos en castelán”, destaca o cantante.

Non todos os grupos gozaron de saír fóra de Galicia, pero os que o fixeron destacan que non se atoparon ningún problema: “Á xente de fóra encantáballe” comenta Mariah Fosado de Xhamain. Esta banda foi teloneiro de Nocturna, un grupo de metal italiano, durante algúns concertos na súa xira por España. Así, Rubén González, Palomo, destacaba que "as barreiras estaban en Galicia, non fóra".  

No mesmo camiño atópase Liska!, que xa recorreu salas por varias zonas de España. Unha vez tocaron en Euskadi e unha canle de televisión aberta anunciouno coma un “concierto terrorista”. “Cando fas as cousas ben hai sectores aos que lles molesta”, comenta a saxofonista Alba Moledo, que recorda a boa acollida do público en Madrid.

Cando fas as cousas ben hai sectores aos que lles molesta.
Alba Moledo, Liska!.

"

Algúns grupos como Arrhythmia aínda non tiveron a oportunidade de saír fóra de Galicia. “O primeiro concerto fóra de Galicia aínda non o tivemos”, comenta Alberto Busto que considera que é tirarse ao tolo e un gasto moi importante “primeiro conquistar aquí e logo saír”. Neste mesmo pensamento atópase Marela, que practicamente acaba de nacer. “Estamos comezando, temos que facernos en Galicia” resaltan, pero tamén aseguran que se os chaman para ir tocar a Madrid, “imos”.

Cabodano viaxou ata Portugal coa súa música e recordan con moito cariño ese concerto. “O público fóra de Galicia foi moi ben, espectacular”. Eran o grupo español que abría o festival e sentiron moita acollida por parte dos espectadores. As trabas para eles non se atopan na lingua senón no estilo. “É moi difícil atopar onde tocalo, hai salas pero hai que pagalas. Este estilo non ten cabida en todos os sitios como o rock ou ska”.

A lingua non é un problema, o problema está en nós mesmos, que nos poñemos as barreiras que tanto remarcou Palomo, voz e guitarra de Xhamain. 

Vídeo dun concerto en directo de Noxo. 

Onde os Acordes Falan

A música rodea a nosa vida, a maioría das persoas escoitamos música para case todo e temos un estilo musical escollido para cada momento. Isto pode pasar en todos os idiomas posibles, aínda non coñecendo a lingua e sen saber que di, a música fainos sentir. O rock, o metal e o ska en galego tamén poden erizarnos a pel, só hai que probar e investigar. 

Onde os Acordes Falan é un lugar onde bailamos, cantamos, onde gozar, etc. Porque cando os acordes falan todos paramos e escoitamos. Así, á parte dos tres álbumes que titulan cada apartado desta reportaxe, os nove grupos que a protagonizan están cheos de acordes acompañados de galego que podemos disfrutar no noso día a día. Aquí todos os enlaces á súa música. 

Esta é a playlist de todas as cancións que se atopan nesta reportaxe, tanto nos vídeos como mencionadas. Grazas!

IMG_20230404_122750.jpg
IMG_20230410_191254.jpg

Queres compartir os grupos que coñeces con nós?

IMG-20230403-WA0019.jpg
IMG_20230413_190017.jpg
bottom of page